Moción referida á “MELLORA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA”

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo e Cotobade presenta a seguinte Moción referida á “MELLORA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Queremos empezar esta exposición de motivos co agradecemento a tódolos traballadores públicos pola súa labor de servizo ao cidadán, traballadores sen os que o día a día do estado non se podería desenrolar.

Médicos, profesores, bombeiros, traballadores municipais, etc... merecen o noso recoñecemento por que nunha situación de carencia de medios fan coa súa abnegada labor que as obrigas do estado se cumpran con efectividade.

É unha fonda preocupación para este grupo municipal ver como o concello de CERDEDO-COTOBADE está a perder calidade asistencial nos seus servizos básicos ano tras ano, polo que creemos é necesario reclamar das administracións competentes restitúan eses servizos públicos para que os nosos veciños dispoñan dun hábitat de calidade e non sexa necesario emigrar a outras vilas ou pobos por ter mellores servizos públicos.

Estamos a ver como as catástrofes naturais e de orixe humano no noso municipio está a medrar, a casuística é moi variable e obedece a causas diversas, pero o certo é que nestes últimos anos estamos a observar un incremento das incidencias no noso concello. Baste recordar o desastre acontecido cos incendios forestais de novembro do 2017 onde o lume chegou a moitos dos nosos pobos, ás portas mesmo das casas.

Só nesa baga de incendios e só na provincia de Pontevedra víronse afectados máis de 200 bens distintos de natureza forestal e máis de 20.000Ha do territorio.

No tocante a accidentes estamos a ver un preocupante aumento da sinistralidade na estrada, froito dunha leve recuperación económica e dun maior número de desprazamentos.

Todos eles pon de manifesto a necesidade de mellora das vías que discorren polo noso concello e a necesidade de medios de emerxencias sanitarios nas cercanías do noso pobo.

Corresponde á Xunta de Galicia a superior coordinación das emerxencias.

Corresponde ao consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento a prestación no noso concello dos servizos de extinción de incendios estruturais e salvamento.

Este consorcio, que debería prestar o servizo ao noso concello, dispón tan só de catro parques de bombeiros para atender toda a provincia de Pontevedra e todos eles están situados de maneira que hai puntos do noso concello nos que a atención está por encima da hora de tempo de resposta. 

Recomenda da U.E que este tempo de resposta sexa de 20 minutos, pois no noso concello hai pobos que triplican ese tempo de atención.

É un agravio comparativo con outras provincias ou con outras zonas desta provincia e sen dúbida, xunto coa carencia doutros servizos públicos, un dos motivos de que os nosos veciños marchen a outros pobos.

É hora de que as administracións públicas presten un servizo de emerxencias de calidade ao concello de Cerdedo-Cotobade e que se dote á nosa contorna dun parque de bombeiros e dos servizos sanitarios que permitan ter unha atención razoable en caso de emerxencia.

Entendemos que a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade como representante dos veciños e veciñas así como dos seus intereses e necesidades debe posicionarse sobre asuntos desta magnitude, polo que en función de todas estas consideracións, elévase ao PLENO MUNICIPAL o seguinte ACORDO:

  • Que a corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade inste á Axencia Galega de Infraestruturas - Xunta de Galicia á mellora da seguridade de maneira urxente nas vías da súa titularidade no seu trazado no obxeto de garantizar a seguranza viaria máis óptima para peóns e conductores.
  • Que a corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade inste á Deputación de Pontevedra á mellora da seguridade de maneira urxente nas vías da súa titularidade no seu trazado polo concello na máxima de garantizar a seguranza viaria peonil e do tráfico rodado.
  • Que a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade inste ao Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento á creación de parques e dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante emerxencias no noso concello.
  • Que a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade inste á Xunta de Galicia como titular da superior organización en función da lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia á dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante emerxencias no concello.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo e Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Goberno Local presidido polo Alcalde Jorge Cubela a darlle traslado á Consellería de Educación unha solicitude de anulación das medidas de peche de aulas por agrupamento de crianzas de distintos cursos no CEIP de Tenorio e revirtan a eliminación das plazas do persoal docente que corresponda a fin de manter os servizos públicos de calidade que garantan o mantemento da poboación no rural de Cerdedo e Cotobade.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF