Moción referida a “Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais”
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos concellos rurais coma Cerdedo-Cotobade, os produtores locais son unha peza importante do tecido económico dos mesmos. A gandeiría, os cultivos hortofrutícolas, a transformación alimentaria, a artesanía… son actividades enmarcadas dentro da producción local que permiten obter produtos de gran calidade, reflexando a riqueza e o potencial da nosa terra e da súa xente, ó tempo que permiten o impulso e a dinamización da economía local, a creación de postos de traballo, o mantemento de tradicións…
Estes productos destacan pola súa gran calidade, pero a entrada e o posicionamento no mercado non é unha tarefa fácil, en moitas ocasións implica medios e recursos que os productores no poden asumir de forma individual, ou os que non poden acceder polo desleixo e a falta de servizos aportados polas institucións municipais.
Estamos a falar, entre outras cousas, da brecha técnolóxica que dificulta a oferta de sevizos de venta online; da falta de axudas para participar en eventos de venta e posicionamento dos productos, como feiras ou exposicións; da falta de campañas de promoción destes productos a nivel local; da falta de plans de asesoramento e orientación cara a innovación e a xestión comercial…
Vivimos inmersos nunha realidade con novos hábitos de compra e de consumo, nun avanzar continuo marcado polo desenvolvemento tecnolóxico, ante o cal, o apoio aos pequenos productores é indispensable, especialmente, despois da pandemia da Covid 19, na que o peche da hostelería e o incremento das compras en liña afectaron os nivéis de ventas de forma considerable en moitos sectores productivos.
Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:
- Establecer unha partida dos orzamentos municipais para axudar ós productores locais na participación de feiras, exposicións e eventos de promoción e venta, de forma individual ou de forma conxunta como productores do Concello de Cerdedo- Cotobade.
- Proporcionar axuda e apoio ós productores locais para a tarefa de dixitalización e adaptación ós novos métodos de venta, así como programas formativos, de asesoramento e orientación hacia a innovación e de xestión comercial.
- Fomentar a adquisición de produtos locais nos servizos municipais (escolas infantís, comedores escolares, centros de servizos sociais, etc).
- Ter en conta os productos locais como “agasallo diferenciador” nos actos municipais (homenaxes, premios en concursos e/ou certames organizados polo concello.
- Creación dunha plataforma dixital que sirva como ferramenta de promoción e venta para productores e comercios locais.