Moción referida á “REFORMA INTERGRAL DA ESTRADA DE ALMOFREI EP-0405”

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte Moción referida á “REFORMA INTERGRAL DA ESTRADA DE ALMOFREI EP-0405”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O grupo do BNG de Cerdedo-Cotobade considera urxente levar a cabo a reforma integral da estrada EP-0405 dende o seu enlace coa PO-233 ata o seu entronque na praza da Igrexa Parroquial. No BNG entendemos que a estrada de Almofrei require dunha importante mellora para reducir as curvas, calmar o tráfico, mellorar a plataforma de rodadura e dotala de maior seguranza peonil para viandantes e ciclistas.

No BNG consideramos prioritario relanzar este proxecto de mellora viaria dada a súa función de vertebración veciñal polo que debe prestar os mellores dos servizos en materia de mobilidade e contar coas garantías en seguridade vial propias dunha estrada provincial que da servizo tanto á veciñanza coma os usuarios que se achegan ao espazo histórico e natural das pozas do río Almofrei.

Entendemos que esta obra comeza a ser unha demanda histórica de reclamación veciñal desouvida durante anos que está a perxudicar a calidade de vida da veciñanza poñéndo en risco tanto a vida dos conductores como dos peons que diariamente utilizan esta vía ateigada de curvas, con carrís moi estreitos e sen ningún arcén que facilite o paso seguro das viandantes. Entendemos, tamén, que sen unha infraestructura adaptada aos novos tempos de vida pode pasar a ser un factor que poña en risco o crecemento veciñal da parroquia e favoreza o despoboamento do rural así como incentivar o desaproveitamento dos recursos turísticos que deben servir de axentes dinamizadores do plano económico e cultural da vila.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar á Deputación Pronvincial de Pontevedra, titular do vial EP-0405, a acometer a reforma integral da estrada dende o seu inicio á altura da PO-233 ata o seu final na Igrexa Parroquial segundo os criterios de mobilidade e seguranza viaria recollidos no Plan de Mobilidade Provincial prestando especial atención á redución das curvas, o calmado do tráfico no núcleo e a seguranza viaria peonil e ciclista.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF