Moción referida ao "PECHE DE AULAS NA ENSINANZA NO CEIP DE TENORIO"
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
- A Consellería de Educación da Xunta de Galiza ven de tomar a decisión de unificar aulas no CEIP de Tenorio levando a cabo unha reorganización na primaria baixo a xustificación das ratios por alumnos sen teren en conta que incide negativamente no mantemento dos servizos públicos no rural.
- Asemade, causa un deterioro na prestación da ensinanza de calidade en tanto en canto repercute negativamente no número de docentes que conforman o claustro do centro educativo adicados á práctica das súas responsabilidades coma educadores.
- Unha medida deste calibre debera ser adoptada no marco dunha negociación entre o centro, Anpa, Concello de Cerdedo e Cotobade así como aqueles pais e nais do alumnado afectado pola unificación.
Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo e Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:
- Instar ao Goberno Local presidido polo Alcalde Jorge Cubela a darlle traslado á Consellería de Educación unha solicitude de anulación das medidas de peche de aulas por agrupamento de crianzas de distintos cursos no CEIP de Tenorio e revirtan a eliminación das plazas do persoal docente que corresponda a fin de manter os servizos públicos de calidade que garantan o mantemento da poboación no rural de Cerdedo e Cotobade.
Ernesto Filgueira Touriño