O BNG alega contra o parque eólico de Cabanelas
O BNG vén de presentar alegacións ao proxecto de Parque eólico de Cabanelas, que afecta ás parroquias de Liripio, Codeseda, Sabucedo (A Estrada), Quintillán, Castrelo (Forcarei) e a Tomonde, no noso concello.
Este parque, en palabras de Ernesto Filgueira, “enmárcase no boom eólico depredador e anárquico que amenaza a todo o noso municipio, e, como todos os anteriorme denunciados adolece dunha burda fraude de lei para saltarse a avaliación ambiental mediante unha división artifiosa dos proxectos, de tal forma que se elude a análise dos efectos acumulados globais das infraestruturas proxectadas na zona”.
Así, sobre a Área de Desenvolvemento Eólico “Cabanelas”, están actualmente plantexados catro parques da empresa Greenalia: Cabanelas, Pedra Longa, As Penizas e a Ampliación As Penizas), queestánnamesmaunidademontañosa,assuaspoligonaissesolapan ecompartenasliñas de evacuación.
Filgueira argumentou que as infraestruturas do PE Cabanelas incidirán negativamente na calidade de vida e a saúde da veciñanza da zona pola proximidade excesiva dos aeroxeneradores e as consecuentes afeccións en temas de ruído, efecto sombra, campos electromagnéticos, etc.
O proxecto non presenta ningún estudo sobre a afectación ao sector forestal e turístico, e nin sequer conta cun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a non afección aos auiferos e á calidade das masas de auga, tanto superficiais como soterradas. Teñamos en conta, di Filgueira que “os grandes movementos de terras, perforacións e outras obras necesarias para a construción do parque eólico e a liña de evacuación poden afectar gravemente aos acuíferos, mananciais e á rede hidrográfica dándose unha afección severa ós recursos hídricos”.
Ademais, alienta o portavoz nacionalista, a zona onde está proxectado o parque ten un “grande valor ecolóxico, patrimonial e cultural”.
Ernesto Filgueira afirma que “hai que parar esta voráxine de proxectos eólicos. A Xunta debe deixar de poñerse de xeonllos diante das grandes corporacións eléctricas, e poñerse a pensar e planificar en serio o aproveitamento eólico no noso país. E facelo contando coa xente, repercutindo os beneficios no territorio, e co máximo coidado do noso patrimonio natural, cultural e etnográfico”