O BNG demanda ao goberno do PP traballar para solucionar os problemas existentes no lugar de Trabazo
O BNG reparte entre a veciñanza de Trabazo un boletín informativo coas propostas que levou ao pleno municipal para que o goberno do PP leve a cabo unha serie de actuacións que son importantes, necesarias e urxentes para os veciños e veciñas de Trabazo, que se concretan nas seguintes:
-Mellorar a praza central e o parque infantil
-Ampliar a todo o lugar a rede de saneamento e de recollida de pluviais
-Mellora das vías interiores, que inclúan medidas de calmado de tráfico e iluminación led.
-Mellora do vial de Quinteiro de Arriba, moi deteriorado na actualidade.
-Creación dun espazo acondicionado ao final do vial de quinteiro de Arriba, que poña en valor as especies autóctonas do lugar, e que está presidido por un carballo centenario.
-Iniciar no menor prazo de tempo posíbel a nova vía que circunvalaría Trabazo
-Dotación de fibra óptica
O BNG vai estar atento e esixente para que o goberno municipal cumpra con Trabazo e acometa estas actuacións que redundarían nunha mellora efectiva na calidade de vida das veciñas e veciños do lugar.
AGRADECEMENTO Á VECIÑANZA
O BNG agradece a todos os veciños e veciñas que se dirixiron a nós para expornos os problemas do lugar e que serviron de base á iniciativa que levamos ao pleno do Concello.