O BNG denuncia cortes nos suministros básicos en diferentes parroquias do concello

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

Nos últimos meses, concretamente nesta mesma semana, son frecuentes cortes dos servizos de luz, teléfono e internet en diferentes lugares e parroquias do territorios de Cerdedo e Cotobade. O BNG ten feito denuncias públicas a este respeito así como ter levado a Pleno unha moción poñendo en valor a importancia de traballar a fin de que a veciñanza do rural conte con servizos dignos e de calidade.

Rogo que o goberno traslade este problema recurrente ás empresas responsables e lles esixa a prestación de servizos óptimos.

Quedamos á espera de prontas respostas.