O BNG insta a Cubela a alegar contra o parque eólico dos Cotos en pleno corazón do concello
Este proxecto atenta contra a nosa riqueza medioambiental, contra a calidade de vida da nosa veciñanza e non repercute en bene cios para a nosa veciñanza, polo que desde o BNG estamos fartas e fartos do abuso das eólicas e da súa conivencia co PP.
O BNG anuncia que presentará alegacións -ao igual que xemos coas anteriores- e abogamos por unha enerxía xusta, sustentábel e galega. Ernesto Filgueira fai un chamamento ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para que “utilice todos os medios a disposición do concello para frear esta agresión ao noso medio natural e ao benestar dos veciños e veciñas”. “Abonda xa de boas palabras, é hora dos feitos, e o concello de Cerdedo-Cotobade en pleno temos que poñernos en fronte para defender ao noso pobo desta nova agresión”, a rmou o portavoz nacionalista.