O BNG insta ao goberno a reparar as fugas de auga da senda peonil da Xesteira
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
O pasado 24 de agosto de 2022 a Xunta de Galicia e mailo Alcalde deron por inaugurada a senda peonil da Xesteira duns 200m a fin de mellorar a seguridade viaria na estrada PO-233 a iniciativa do BNG trala moción presentada e debatida no pleno de finais de Xaneiro de 2020 na que se aprobou o seguinte punto:
Malia todo, a obra conta cun problema: o nacemento de auga na propia acera, o cal crea problemas para a seguranza viaria en plena curva do vial que compre solucionalo de xeito urxente.
“Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:
- Instar á Axencia Galega de Infraestructuras da Consellería de Infraestructura e Mobilidade da Xunta de Galiza a construír un carril-bici dende Ponte-Bora ata o Concello da Lama (PO-233/PO-234) e mellorar a seguridade viaria da PO-233 ao seu paso polos lugares de Vilanova, a Xesteira e as Lagoas dotando as súas travesías con medidas que redunden no calmado do tráfico, de beirarrúas que favorezan a mobilidade e pasos de peóns regulados por semáforos intelixentes”.
-Ten o goberno local notificado o problema á Xunta de Galiza, titular do vial e da obra en cuestión?
-Ten o goberno lcoal data notificada pola Xunta para o seu arranxo?
Quedamos á espera de que sexa unha realidade.