O BNG insta ao goberno municipal de Cerdedo- Cotobade a aprobar un Plan de Promoción dos Produtores e Produtoras Locais
Os produtores e produtoras locais son unha peza importante do tecido económico de Cerdedo- Cotobade. Gandeiría, cultivos hortofrutícolas, transformación alimentaria, artesanía… son actividades enmarcadas dentro da produción local que permiten obter produtos de grande calidade que re iten a riqueza e o potencial da nosa terra e da súa xente, ao tempo que permiten o impulso e a dinamización da economía local, a creación de postos de traballo, o mantemento de tradicións, etc.
Estes productos destacan pola súa gran calidade, pero a entrada e o posicionamento no mercado non é unha tarefa doada, e, en moitas ocasións, implica medios e recursos que os productores non poden asumir de forma individual, ou aos que non poden acceder pola falta de servizos e o desleixo das administracións públicas.
Así, é evidente que existe unha fenda técnolóxica que di culta a oferta de sevizos de venta online; que faltan axudas para participar en eventos de venta e posicionamento dos produtos, como feiras ou exposicións; que hai unha ausencia total de campañas de promoción destes produtos a nivel local; e que non existen plans de asesoramento e orientación cara a innovación e a xestión comercial.
Vivimos inmersos nunha realidade con novos hábitos de compra e de consumo, nun avanzar continuo marcado polo desenvolvemento tecnolóxico, ante o cal, o apoio aos pequenos produtores é indispensábel, especialmente, despois da pandemia -que aínda non pasamos de todo- da Covid 19, na que o peche da hostelería e o incremento das compras en liña afectaron os niveis de ventas de forma considerábel en moitos sectores produtivos do noso concello.
Urxe, pois, actuar de forma decidida para apoiar a un sector vital para o noso concello. Neste sentido o BNG propón a elaboración dun plan de promoción dos produtos e dos produtores e produtoras locais que debe incluír os seguintes aspectos:
- Incluír unha partida económica nos orzamentos municipais para 2022 para axudar ás e aos produtores locais na participación en feiras, exposicións e eventos de promoción e venta, sexa de forma individual ou de forma conxunta como produtores do Concello de Cerdedo- Cotobade.
- Proporcionar axuda e apoio ás e aos produtores locais para a tarefa de dixitalización e adaptación ós novos métodos de venta, así como programas formativos, de asesoramento e orientación cara a innovación e de xestión comercial.
- Fomentar a adquisición de produtos locais en servizos públicos como escolas infantís, comedores escolares, centros de servizos sociais, etc.
- Ter en conta os productos locais como “agasallo diferenciador” nos actos municipais (homenaxes, premios en concursos e/ou certames organizados polo Concello.
- Estudar a posibilidade de crear unha plataforma dixital local e/ou, xestionar a incorporación dos produtores e produtoras de Cerdedo-Cotobade nunha plataforma dixital que sirva como ferramenta de promoción e venta dos seus produtos.