O BNG insta ao PP a adecentar e repor os cachotes do muro que envolve a Fonte do Cura de Sacos
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
O grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade achegouse ao Lavadoiro e Fonte do Cura, ubicada no camiño que baixas da Casa do Pobo de Sacos, logo de recibir o aviso por parte dun veciño de que, ademáis de presentar unha notábel falla de limpeza, conta con cachotes desprendidos do muro que a rodea. Situación que provoca o deterioro do patrimonio público e perigosidade para as crianzas ou persoas usuarias que utilizan ese camiño.
O BNG pregunta ao sr Alcalde:
-Ten coñecemento da situación na que se atopa a contorna da Fonte do Cura?
-Ten previsto a súa limpeza e o arranxo do muro que a envolve?
Quedo á espera de prontas respostas.