O BNG leva a pleno a falla recurrente de médico no Centro Médico de Cerdedo durante o mes de xullo

Logo das queixas e do malestar da veciñanza de Cerdedo e tal e como ten denunciado a plataforma “Cerdedo pola Sanidade Pública”, o Centro de Saúde de Cerdedo estivo sen facultativo durante varios días de xullo e diante da falla de seguridade de que o Sergas atenda as necesidades de atención médica da poboación durante o mes de agosto co risco que isto supón para os veciños e ás veciñas

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Ten coñecemento o goberno local da situación que existe no Centro de Saúde de Cerdedo por mor da falla de facultativos en xullo e previsiblemente en agosto?

-Que medidas está a tomar o executivo local diante do Sergas e da Consellería de Sanidade da Xunta para rematar con esta situación de indefensión e de risco para a veciñanza?

Quedamos á espera de prontas respostas.