O BNG leva a Pleno a necesidade de analizar a calidade das augas da Fonte de Cuspedriños
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
Varias queixas achegadas pola veciñanza de Cuspedriños informáronnos dunha posíbel falta de garantía das augas que brotan na fonte apegada á capela da Carballeira. Do mesmo xeito, denuncia a falla dalgún indicador que faga saber da non potabilidade da auga ou mesmo da desaparición do mesmo cando éste é colocado.
Ten feitas o goberno analíticas a respeito da calidade das augas da fonte?
Cal é a data da última analítica?
Cando foi colocado por última vez un indicador por parte do goberno sinalando a “non potabilidade” no caso de ser así?
De houber estudos oficiais da calidade da auga, cal é o motivo polo que non é apta para o consumo?
Quedamos á espera de prontas respostas.