O BNG pregúntalle ao Goberno pola data da declaración de Ricardo Portela como Fillo Predilecto a título póstumo
O pasado 18 de setembro de 2019 rexistramos moción en favor da efeméride do Gaiteiro Ricardo Portela aprobada por unanimidade no Pleno correspondente. Os seus puntos aprobados foron:
1. Declarar o 2020 como o “Ano Gaiteiro Ricardo Portela”.
2. Declarar ao Gaiteiro Ricardo Portela Fillo Predilecto a título Póstumo.
3. Crear o “Consello Ano Gaiteiro Ricardo Portela” dirixido polo Goberno local co obxeto de organizar e axilizar todas as actividades de valoración da súa figura así como mediar entre as entidades sociais e persoas a título persoal do Concello Cerdedo-Cotobade coma outras entidades sociais e persoas a título persoal de fóra do concello que desexen involucrarse no Ano Gaiteiro Ricardo Portela.
4. Designar de cada grupo que conforma a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade un representante para ser integrado no “Consello Ano Gaiteiro Ricardo Portela” para aportar e colaborar na organización do conxunto dos actos a desenvolver.
Dado que ao 2020 só lle resta un trimestre, ¿Cando vai o goberno a declarar o 2020 Ano Ricardo Portela, extendido a 2021? ¿Cando vai o goberno a declarar ao Gaiteiro Ricardo Portela Fillo Predilecto a título Póstumo? ¿Cando vai o goberno crear o Consello Ano Gaiteiro Ricardo Portela?
Quedamos a espera da súa resposta.