O BNG propón destinar 368.000€ do fondo fusións a apoiar aos autónomos, pequenos empresarios e á cultura
O BNG propón dirixir 368.000€ do Fondo Fusións a paliar a brecha dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade.
O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, rexistra este documento co obxecto de destinar 368.000€ -do 1.340. 000€ previstos do Fondo Fusións da Xunta de Galiza- ao rescate dos sectores económicos e culturáis que manteñen a estructura comercial e social do concello diante da situación de clara parálise e escepcionalidade a causa da covid19.
O BNG entende que os obxectivos principais de reforzo acollidos no Orzamento Municipal 2021 deben ir encamiñados a:
-Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.
-Axudas directas para autónomos e pequenas empresas. Abrir unha liña de apoio económico a fin de axudar a manter a actividade, a facturación -cando menos para subsistir nestos duros meses que se aveciñan- e os postos de traballado dos autónomos e das pequenas empresas localizadas no territorio municipal.
-Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de electricidade e internet. É fundamental contar con redes modernizadas e fibra óptica en todas as parroquias que permita e incentive o traballo online.
-Liña de reflote directa ás asociacións culturáis, folclóricas, históricas e musicáis a fin de evitar a morte da cultura viva das parroquias e do tecido asociativo municipal.
Á espera de pronta resposta.