O BNG rexeita a avalancha dos novos proxectos eólicos que amenazan ao noso concello

Diante da avalancha de proxectos eólicos que afectan ao noso concello, o BNG ben de solicitar na Xunta de Voceiros Municipais celebrada a 30 de outubro, o seguinte:

  • O rexeitamento público da Corporación dos novos proxectos eólicos en tramitación polo Estado: O Greco, Xubrintas, Almoceiros e Chamarrapio.
  • A creación dunha “Comisión Municipal de Seguimento” na que se integren grupos municipais, plataformas antieólicas e entidades sociais e que, teña, entre outras funcións informar de forma veraz á veciñanza sobre a implicación destes parques.
  • Presentación de alegacións a estes novos parques que amenazan o noso concello.

Desde o BNG cremos na enerxía renovábel, galega e sostíbel. Rexeitamos a política eólica especuladora do PP e do Psoe que favorece ao gran capital en contra dos intereses das nosas parroquias.