O Pleno de Cerdedo-Cotobade aproba un acordo unánime contra o Parque Eólico dos Cotos con base na moción do BNG
- Un posicionamento institucional rme contra a instalación do P.E. Dos Cotos
- Que sexa comunicado públicamente o contido da exposición pública no antigo Concello de Cotobade en 2013 do proxecto orixinal promovido pola empresa Tiraventos S.L.
- Que fagan as xestións necesarias ante a Xunta de Galiza e ante a empresa para obter toda a información sobre as modi cacións do proxecto orixinal a respeito do número e dimensión dos aeroxeradores, potencia por aeroxerador e potencia total a instalar, dimensión e posición da super cie da poligonal, instalación de estacións e subestacións, liñas de evacuación, posíbeis modi cación da afectación medioambiental, etc.
- Que se comprometa formalmente a custear con cárrego aos orzamentos do Concello, todos os gastos de honorarios de asistencia jurídica e procuradores/as necesarios para apresentar cuanta demanda sexa necesaria para impedir a instalación do PE Dos Cotos.
O Pleno aprobou tamén, co apoio do PP e a abstención do PSOE, a moción do BNG sobre a tarifa eléctrica que contaba na súa parte resolutiva cos seguintes puntos:
- Trasladar ao Goberno central o rexeitamento por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade da súa política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerábeis, singularmente os cambios aplicados a partir do 1 de xuño de 2021.
- Instar ao Goberno do Estado a abrir un novo proceso para unha regulación da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas:
- Reducir os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de valor engadido até o 4%.
- Beneficiar aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.
- Modificar a Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía.
“Alédome que, ao final, se puidesen aprobar dúas iniciativas que son beneficiosas para todos os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade”, afirmou Ernesto Filgueira, quen reiterou que “desde o BNG seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres do noso concello”