Plan de reactivación económica
Ernesto Filgueira: “Na vindeira Xunta de Portavoces presentareille ao
Alcalde unha proposta con medidas precisas que eviten o cese de
actividade de moit@s autónom@s de Cerdedo-Cotobade”.
O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, ten como obxectivo consensuar medidas
de reactivación económica que permitan darlle osíxeno aos pequenos empresarios e
autónomos do concello nun momento social de clara parálise e escepcionalidade a causa do covid19. Ernesto Filgueira urxe unha nova celebración da Xunta de Portavoces na que trasladar as súas propostas no marco do Plan de Reactivación Económica de
Emerxencia que o grupo nacionalista presenta priorizando medidas para minimizar o
impacto da crise laboral que se achega e evitar unha fonda brecha social d@s
traballador@s máis vulnerables.
Ernesto Filgueira define ao seu Plan como un mecanismo de choque que facilite
resilencia e confianza aos traballadores e manteña a riqueza do tecido produtivo de
Cerdedo-Cotobade. Estas medidas deben ser incorporadas ao Orzamento Municipal
polo que o portavoz nacionalista defenderá a necesidade de contar con partidas
económicas concretas e ben definidas para que a súa posta en marcha sexa o antes
posible dada a urxencia do contexto social.
Así pois, as principais medidas son:
- Axudas directas para autónomos e pequenas empresas (consensuadas entre os
grupos políticos municipais axustadas á situación da tesourería municipal). Compatibles con axudas doutras administracións e a súa concesión debe atender a criterios como o tempo de peche de establecementos e/ou actividade, reducción importante da súa facturación ou con traballadores a cargo. - Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e
persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos. - Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de internete e/ou no seu caso a crear a estructura precisa para contarmos cunha capacidade de rede óptima que permita e incentive o traballo online.
- Posta en marcha dunha campaña promocional a prol da actividade comercial local e d@s autónom@s que desevolven profesións técnicas e culturais.
Ernesto Filgueira: “Abogo pola presentación de medidas, pola
cooperación e o consenso social. É un momento para a política con
maiúsculas, con responsabilidade e dende o BNG así o estamos a
facer”.