Plan de Reactivación Económica de Emerxencia
O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, ten como obxectivo consensuar medidas de reactivación económica que permitan darlle osíxeno aos pequenos empresarios e autónomos do concello nun momento social de clara parálise e escepcionalidade a causa do covid19. Ernesto Filgueira urxe unha nova celebración da Xunta de Portavoces na que trasladar as súas propostas no marco do Plan de Reactivación Económica de Emerxencia que o grupo nacionalista presenta priorizando medidas para minimizar o impacto da crise laboral que se achega e evitar unha fonda brecha social d@s traballador@s máis vulnerables.
Ernesto Filgueira define ao seu Plan como un mecanismo de choque que facilite resilencia e confianza aos traballadores e manteña a riqueza do tecido produtivo de Cerdedo-Cotobade. Estas medidas deben ser incorporadas ao Orzamento Municipal polo que o portavoz nacionalista defenderá a necesidade de contar con partidas económicas concretas e ben definidas para que a súa posta en marcha sexa o antes posible dada a urxencia do contexto social.
Así pois, as principais medidas son:
- Axudas directas para autónomos e pequenas empresas (consensuadas entre os grupos políticos municipais axustadas á situación da tesourería municipal). Compatibles con axudas doutras administracións e a súa concesión debe atender a criterios como o tempo de peche de establecementos e/ou actividade, reducción importante da súa facturación ou con traballadores a cargo.
- Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.
- Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de internete e/ou no seu caso a crear a estructura precisa para contarmos cunha capacidade de rede óptima que permita e incentive o traballo online.
- Posta en marcha dunha campaña promocional a prol da actividade comercial local e d@s autónom@s que desevolven profesións técnicas e culturais .
Ernesto Filgueira: “Abogo pola presentación de medidas, pola cooperación e o consenso social. É un momento para a política con maiúsculas, con responsabilidade e dende o BNG así o estamos a facer”.