Poñendo CERCO ao espolio eólico no auditorio de Cerdedo
Ernesto Filgueira: “Dende CERCO plani camos un modelo de encontro congresual contra a depredación eólica pioneiro en Cerdedo-Cotobade”
Na mañá de hoxe, a asociación cultural e social CERCO do BNG de Cerdedo- Cotobade, celebrou no auditorio de Cerdedo unha xornada centrada nas experiencias de loita contra o espolio eólico no País. A xornada foi un encontro de plataformas e entidades sociais de diversas bisbarras da xeografía galega.
A apertura do evento correo a cargo de Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG. A continuación, celebráronse as dúas mesas de debate previstas participadas por:
- Roi Cuba (Presidente de ADEGA)
- Carmen Varela (AAVV O Outeiro de San Mamede do Monte -A Baña-)
- Erik Dobaño (Oposición ao proxecto eólico no Monte da Neve -Celanova- José Taboada (CCMM de Vincios -Gondomar-)
- Alexandre Cendón (Asemblea do Suído)
- Ángeles Sierra (Salvemos o Támega -Monterrei-Vilar de Barrio-Laza)
- Mario Maceiras (Asociación en Defensa da Costa da Morte)
- José Justo (Oposición ao proxecto eólico de Os Cotos -Cerdedo- Cotobade)
As conclusións da xornada foron a cargo do deputado do BNG Xosé Luís Rivas, "Mini” alegando “que o País é noso; as augas, os montes, os pastos e os ventos son nosos, das galegas e dos galegos. Non nos van roubar o futuro” Acción Social e Cultural CERCO.