Problemas de accesibilidade e seguranza viaria na N-541 ao seu paso por Calvelo
Filgueira xo ncapé na contradición que supón que desde a DXT se estén a levan a cabo medidas contrastadas e e caces para mellorar a seguranza viaria, mentres estradas dependentes do Estado, como a N-541, son un verdadeiro perigo para a poboación.
Ernesto Filgueira lémbralle á sub-delegada que a totalidade da corporación municipal de Cerdedo-Cotobade, así como da veciñanza afectada, está a reivindicar a adopción das seguintes medidas:
- A creación dun paso elevado que permita a comunicación dos dous lados de Calvelo.
- A creación dun carril de incorporación dirección Ourense á altura do café Obelix.
- A creación dunha plataforma peonil paralela á estrada, que garanta o acceso seguro dende Calvelo até Tenorio, onde se atopan os servizos básicos coma o supermercado, a carnicería, o centro de saúde ou os centros escolares.
- A maiores, o estreito arcén da estrada e unha marquesiña que se asulaga cando chove crean problemas engadidos de accesibilidade e seguranza, que afectan de forma especial aos nenos e nenas e ás persoas maiores que utilizan este arcén e a marquesiña.
Consideramos de xustiza que o goberno do Estado atenda estas xustas demandas e solitamos de vostede -como representante do mesmo en Pontevedra- que se dirixa ao ministerio de Fomento para que solucione no menor de tempo posíbel os graves problemas de accesibilidade e seguranza viaria da N-541 ao seu paso por Calvelo.
Cerdedo-Cotobade, a 9 de marzo de 2022.