Proposta do BNG para que o goberno local leve a cabo traballos de hixienización nas rúas do núcleo de Cerdedo
Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:
Nos últimos días, varias persoas residentes no núcleo de Cerdedo, fixéronnos chegar as súas queixas a respecto da limpeza e o estado de deterioro que presentan algunhas das papeleiras dispostas polas rúas do casco urbán: rotas pola base polo que o lixo acaba polo Chan.
PREGUNTAS
¿É o goberno local coñecedor desta situación?
¿Cal é a frecuencia de recollida do lixo das papeleiras?
Ten o sr Alcalde a intención de reparar ou repor as papeleiras deterioradas?
Vai o goberno local a facer unha limpeza de desinfección xeral das rúas así como retirar o verdín tan perigoso nos días de alta humidade ou choivas?
Quedo á espera de prontas respostas.