O BNG anuncia a súa disposición a facer parte da comisión de seguimento dos proxectos eólicos proxectados en Cerdedo-Cotobade
A pesares de que o BNG non foi convidado por parte do alcalde á reunión mantida coas
entidades comunais das parroquias afectadas, a formación nacionalista participará na comisión de seguimento que anunciou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, porque consideramos prioritario prestar todo o apoio e todo o asesoramento á veciñanza diante do abusivo dos proxectos eólicos que planean sobre o noso territorio

