BNG demanda, unha vez máis, que o concello xestione a implantación da fibra óptica no conxunto do concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A instalación da fibra óptica leva retraso a súa implantación no conxunto das parroquias do concello. Este servizo de internet de alta velocidade é urxente tanto para particulares como para as pequenas empresas e autónomos do concello para lles permitiría ser máis competitivos no aspectro económico, educativo, …  máxime nas circunstancias actuais.

-Teñen o coxunto das parroquias a fibra óptica instalada?
-Se non é así, que parroquias faltan?
-A que se debe que haxa lugares dalgunhas parroquias sen o servizo?
-Para cando ten o goberno previsto dotar ao 100% do territorio municipal de fibra óptica?

Quedamos á espera de prontas respostas.