O BNG pregunta en Pleno polo "suposto" plan municipal de apoio aos prdutores locais

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O pasado mes de novembro levamos a pleno unha moción na que instábamos ao goberno local a:

1. Establecer unha partida dos orzamentos municipais para axudar ós productores locais na participación de feiras, exposicións e eventos de promoción e venta, de forma individual ou de forma conxunta como productores do Concello de Cerdedo-Cotobade.

2. Proporcionar axuda e apoio ós productores locais para a tarefa de dixitalización e adaptación ós novos métodos de venta, así como programas formativos, de asesoramento e orientación hacia a innovación e de xestión comercial.

3. Fomentar a adquisición de produtos locais nos servizos municipais (escolas infantís, comedores escolares, centros de servizos sociais, etc).

4. Ter en conta os productos locais como “agasallo diferenciador” nos actos municipais (homenaxes, premios en concursos e/ou certames organizados polo concello.

5. Creación dunha plataforma dixital que sirva como ferramenta de promoción e venta para productores e comercios locais.

O Goberno local rexeitou a proposta aludindo a que xa estaban traballando no tema, máis no novo orzamento non aparece ningunha partida exclusiva para estas accións, nin se agasallou con produtos locias en diversos actos de inauguración que  houbo nos últimos meses, nin se puxo en marcha ningún curso de formación para a dixitalización do sector nin moito menos se sabe da existencia dunha plataforma dixital como ferramenta de promoción e venta para produtores e comercios locais.

Así pois, cando pensa o goberno local por en marcha o seu “suposto” plan de axuda aos produtores? En que partida do orzamento municipal 2022 foi incorporado dito plan ou propostas? Que plazos manexa o goberno para levalo a cabo? E cal é o seu plan para a formación dixital?

Quedo á espera de prontas respostas.