O BNG da conta dos incumplimentos do Alcalde polo peche de Abanca na Chan, Carballedo.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Vai alá perto do ano dende que ABANCA pechou a oficina da Chan, Carballedo. Logo dunha postura unánime da corporación a prol das medidas anunciadas polo Alcalde, entre elas retirar as contas municipais e promover a chegada doutra entidade financieira, pregunto:

-Retirou o goberno as contas municipais de Abanca? Se é así, que número de contas se pecharon? De non terse pechadas, cal é o motivo? Cando pensa o goberno cumprir co seu compromiso público de cancelalas?

O pasado 9 setembro de 2021 nunha entrada en Radio Cope Jorge Cubela manifestou: “Hay una entidad que está buscando un local en Carballedo para abrir una sucursal, mediante un agente financiero”. Pregunto:

-En que estado se atopa esa negociación?

-Está o goberno a buscar outra entidade financieira no caso de que esta rexeitase asentarse en Carballedo? En caso negativo, por qué o goberno decidiu deixar de buscar unha nova entidade financieira?

Quedamos á espera de prontas respostas.