O BNG propón por en marcha un Plan de Apoio para os creadores e autónomos do sector cultural de Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA instando á súa resposta:

Coa pandemia moitos creadores e autónomos do sector cultural viron mermada a capacidade de conexión e encontro co seu público relegada case exclusivamente ás redes sociais coma vía de comunicación. Cremos que é primordial axudar e apoiar un sector tan enriquecedor para a nosa cultura e creación e tan esquecido á hora de recibir axudas por parte das institucións.

A iniciativa estaría destinada a persoas vinculadas ao sector cultural censados ou que realicen a súa actividade no noso concello nos eidos da artesanía, a pintura e ilustración, a escultura, a producción literaria , a música, etc…

Así que, co obxectivo de promocionar a cultura, arte e artesanía de cerdedo-Cotobade, o BNG propón habilitar un espazo (carpa…) de uso compartido, aproveitando a feira do venres de A Chan, no que artesáns e artistas locais poidan amosar e promocionar o seu traballo e darse a coñecer entre a veciñanza.

Quedamos á espera de prontas respostas.