Ernesto Filgueira eleva ao Pleno a falla de solucións do sr Alcalde a respecto dunhas obras que afectan á propiedade dun veciño de Fentáns

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade estivo recollendo as demandas dun veciño sito no lugar de Fentáns 39, a petición do propietario, para comprobar in situ a situación que presenta o muro que da soporte ao camiño que une a PO-230 co interior do lugar.

Atendendo aos antecedentes, cabe sinalar o seguinte:

-O propietario da parcela Veiga da Porta comenzou unhas obras de reconstrución dos muros de 1,60/2,10m de altura con previa solicitude de licencia municipal.

-No ano 2018 foron executadas unhas obras no camiño como parte do Plan de Infraestructuras rurais 2017-18 de Cerdedo-Cotobade incluido no Plan de Infraestructuras rurais 2017 da Consellería do Medio Rural en acordo asinado entre ambas administracións.

-Como consecuencia das obras, adxudicadas a Tragsa e esta subcontrata a Construcciones Taboada y Ramos Sl, resultaron danados os muros que da suxeición ao camiño que, segundo as alegacións presentadas ao Concello de Cerdedo-Cotobade en abril de 2022 polo propietario dan conta dos seguintes danos: pedras soltas producidas por medios metálicos, deslizamento e desplome de pezas de canteiría, deformación e abombamentos en diversos puntos do liñal do muro así como acusando problemas de seguranza para @s usuari@s do camiño e outras consideracións vencelladas ao peso da maquinaria utilizada na obra de mellora estimada en máis de 60 toneladas no momento da execución da obra.

Tendo coñecemento das intercomunicacións entre afectado-Concello-Xunta-Concello-interesado co envío do acordo da Alcaldía o 15 de marzo de 2022 no que, segundo a documentación facilitada ao BNG por parte do propietario, denótase unha evidente falta de asunción de responsabilidades por ningunha das dúas administracións -Concello-Xunta- namentras o tempo pasa sen darlle unha solución ao problema e mantendo a perigosidade no lugar.

O BNG pregunta ao sr Alcalde:

-Ten coñecemento o sr Alcalde deste problema?

-Tense reunido o Sr Alcalde co afectado?

-Este problema é responsabilidade municipal ou da Xunta de Galiza?

-Se é un problema de competencia municipal cómo e en qué prazos se lle vai por solución? Se é un problema a solucionar pola Xunta de Galiza qué xestións ten feitas para atopar unha pronta solución?

Quedo á espera de pronta resposta.