Ernesto Filgueira valora o último pleno ordinario do mandato como "unha oportunidade desaprobeitada para que Cerdedo-Cotobade avance" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Así o manifestou o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, tralo remate da última sesión plenaria de carácter ordinario do mandato: "rematámolo tal e como o iniciamos: exercendo unha oposición útil e propositiva. Das 13 propostas defendidas só unha moción foi aprobada co único voto do BNG en relación ao rexeitamento do plan de ordenación eólica mariña ao absterse tanto o PP como o Psoe".

En canto ás outras catro mocións defendidas, cabe destacar o voto en contra do PP á proposta para eliminar a simboloxía fascista dos bens municipais, á mellora integral da Praia Fluvial do Canal e de levar a cabo unha auditoría da rede de saneamento para correxir as súas deficiencias e extender a rede aos lugares que non contan co servizo. Ademáis, o PP rexeitou instar á Xunta unha reforma, tan urxente como necesaria, da estrada PO-230 (Campo Lameiro-Serrapio) que vertebra o lugar de Fentáns, en San Xurxo de Sacos.

Os rogos e preguntas defendidos por Ernesto Filgueiro no pleno foron: á mellora da área da Área Recreativa Soldada, en Vilanova, acondicionar o vial do Quinteiro de Arriba de Trabazo prestando especial atención á contorna natural e á Fonte das Barreiras; dotar de seguranza viaria a estrada de Rebordelo, repor as papeleiras estragadas de Cerdedo, arranxar o tallamar da Ponte medieval de Pedre e, finalmente, instar á Xunta a repor as berarrúas deterioradas na Chan, na estrada PO-233 (Bora-Carballedo) xusto enfrente á Casa Consistorial.

As nosas propostas e iniciativas teñen como obxectivo a mellora do noso rural e da mellora da calidade de vida da nosa veciñanza.