Ernesto Filgueira presenta a súa candidatura ofrecendo traballo, diálogo, e xestión para que Cerdedo Cotobade vaia a máis 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Cerdedo-Cotobade, 31 de marzo de 2023. “Cerdedo-Cotobade leva demasiado tempo en declive. Perdemos poboación, perdemos servizos e perdemos posibilidades. É necesario e urxente revertir esta situación e sair dunha inercia que nos fai cada vez menos”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía, Ernesto Filgueira.

Filgueira presentou ás persoas que o acompañan na candidatura do BNG, como “un equipo de mulleres e homes con preparación, capacidade de traballo e entusiasmo, cun proxecto claro e realizábel que parte da nosa propia realidade para transformala a mellor. Estou orgulloso delas, porque cada día me demostran a súa valía, capacidade e entrega”.

O candidato á alcaldía mostrouse convencido que outro Cerdedo-Cotobade é posíbel, “un Cerdedo-Cotobade con máis diálogo, máis transparencia, e máis decisión para defender o concello e mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. A candidatura que presentamos está pensada para loitar pola alcaldía e facer realidade ese novo Cerdedo-Cotobade, ese concello rural que todas e todos merecemos”.

Feminismo, ecoloxismo, participación veciñal, servizos públicos, cultura, deporte e seguridade viaria serán eixos básicos do programa que presentan os nacionalistas.

Mellorar a rede de saneamento e extendela a todos os lugares, poñer en valor a grande riqueza paisaxística, histórico-artística e arqueolóxica, mellorar os camiños e o espazo público, apoiar o tecido empresarial local, fomentar a instalación de novas empresas, promover a produción agrícola e gandeira local, potenciar o deporte local, creando complexos deportivos en Tenorio e Carballedo que conten cunhas instalacións dignas e co equipamento necesario, apoiar máis aos clubes deportivos, ou facer unha programación cultural anual e chegue a todas as parroquias atroveitando o rico tecido asociacitivo existente no concello son algunhas das propostas que recolle o programa do BNG.

“A candidatura que teño a honra de encabezar traballará desde o diálogo, o consenso e a honestidade, para lograr un Cerdedo-Cotobade mellor. Un Cerdedo-Cotobade no que a fibra óptica chegue a todos os lugares, no que a nosa sanidade pública sexa a axeitada, e para que as estradas competencias de outras administracións, melloren a súa seguridade, accesibilidade e mobilidade”, afirmou Filgueira.

“Estou orgulloso do capacidade de traballo e da ilusión do meu equipo. Queremos e necesitamos un Cerdedo-Cotobade con máis e mellores servizos, un Cerdedo-Cotobade que atenda á xente maior e lle ofreza á mocidade posibilidade de futuro, un Cerdedo-Cotobade que, en vez de ir a menos, vaia a máis”, concluíu o candidato nacionalista á alcaldía.

“As mulleres e os homes que me acompañan son representativas das diferentes parroquias de Cerdedo-Cotobade e moitas delas integradas no tecido asociativo do concello. Ao groso do equipo que fixo parte da candidatura de 2019, continúan e ademáis aportando máis experiencia, solvencia e compromiso co proxecto. Tamén se integran novas persoas cargadas de forza, xuventude e pasión por facer de Cerdedo-Cotobade un concello máis vivo, máis apegado á terra e ás necesidades da nosa veciñanza e levalo ao século XXI” dixo o candidato Ernesto Filgueira.

Acompañan Ernesto Filgueira: Margarita do Rocío Graña Tapia, Anxo Santomé Fentanes, Alberto Cadavid García, Lucía Aguete Iglesias, Víctor José Rivas Villa, Sandra Fentanes Canda, Joám José Romero Durán, Gloria Malvar Fraguas, Antón Mouriz Fernández, Mucha Moa Bouzas, Xoán Antelo Suárez, Iria Riveiro Baltasar, Xosé Riveiro Vidal, Monse Fernández Arén, Carlos Gómez Cobas, Rosa Garrido Tato, Lino Moreira Caramés, Nuria González Peleteiro, Delmiro Durán Garrido, Ana Carmen Moa Bouzas, Alberto Nogueira Pérez, Sindo Penelas García.