Ernesto Filgueira insta á corporación municipal a rexeitar unánimente a Liña de Alta Tensión Cotos-Pontesampaio

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte INICIATIVA instando á súa aprobación:

O vindeiro 6 de outubro remata a a fase de alegacións da liña de alta tensión 66 kV PE os Cotos-Pontesampaio que afecta aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra. Diante da enorme afección deste proxecto que ven a sumar unha agresión máis ás moitas que a Xunta de Galiza en clara conivencia con empresas que manteñen unha oscura relación de portas xiratorias con ex-cargos do PP e debido á presión que cerne sobre o noso territorio por mor dos moitos proxectos eólicos que se atopan en diferentes fases de tramitación, dende o BNG propoñemos:

Un acordo de rexeitamento da corporación municipal contra a LAT os Cotos-Pontesampaio.

Quedamos á espera de que sexa unha realidade.