O BNG preocupado polo incumplimento do sr Cubela pola chegada da Fibra Óptica ao conxunto da veciñanza

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A instalación da fibra óptica leva un importante retraso acumulado na súa implantación no conxunto das parroquias do concello. Este servizo de internet de alta velocidade é urxente tanto para particulares como para as pequenas empresas e autónomos do concello que lles permitiría ser máis competitivos no aspecto económico, educativo, …  máxime nas circunstancias actuais. Ademáis, resulta chamativo dito retraso logo das reunións do Alcalde levadas a todas as parroquias a bombo e platillo prometendo o desplegue da fibra no conxunto do territorio municipal, mesmo recollendo datos persoais da veciñanza para a empresa Movistar.

-Cales son os avances da fibra óptica a respeito da súa instalación nas parroquias do concello?
-A que se debe que lugares da mesma parroquia non conte, aínda,  co servizo?

-Cando pensa o sr Alcalde cumplir co seu compromiso público de dotar de fibra ao conxunto de Cerdedo-Cotobade?

Quedamos á espera de prontas respostas.