Ernesto Filgueira insta ao Goberno do PP a presentar informes técnicos e alegacións conxuntas contra o P.E. Monte do Pé 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta os seguintes ROGOS instando á súa resposta:

O pasado 13 de xaneiro do 2023 o DOG ven de publicar a resolución do 30 de decembro de 2022 da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte do Pé, situado nos montes da parroquia de Aguasantas no concellos de Cerdedo-Cotobade e a liña de evacuación principalmente con saída polo concello de Ponte Caldelas. A empresa promotora é Green Capital Power SL e solicita instalar unha potencia de 18MW, con 4 aeroxeradores cunha produción de enerxía media vertida á rede prevista en 56.446 MW/ano. Habida conta das consecuencias en materia medioambiental, mananciais, efectos visuais, sonoros e o de sombra … entre outros, rogo ao goberno local:

-Que convoque unha xunta de portavoces municipais de xeito urxente.

-Que presente informes técnicos que evalúen os impactos que devalúen a riqueza medioambiental e a calidade de vida da veciñanza na parroquia.

-Que presente alegacións consensuadas coas forzas da oposición en aras da unidade de acción en contra da especulación eólica da Xunta de Galiza en clara conivencia coas grandes enerxéticas do sector.

Quedamos á espera de prontas respostas.