Luís Bará, Ernesto Filgueira e o seu equipo reúnense coa vecñanza afecta polos P.E. Monte do Pé, Porto Vidros e Campo das Rosas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Mentres Naturgy celebraba onte, a 29 de xaneiro e 2023, a luz verde ambiental da Xunta á tramitación de 8 polígonos industriais eólicos que suman 210 MW, o importante delegación do BNG estivo en Aguasantas e Pedre [Cerdedo-Cotobade] e en Sabucedo [ A Estrada] para axudar a artellar a resposta social, institucional e se é necesario xudicial ao abuso destes proxectos extractivos e depredadores, neste caso os polígonos Porto Vidros e Campo das Rosas, que afectan ao territorio e á veciñanza de Cerdedo Cotobade, A Estrada e Campo Lameiro. A este respeito apunta o deputado galego, Luís Bará:

Que non conten milongas: estes proxectos non son de transición enerxética, responden unicamente á voracidade das empresas e á súa ansia de facer negocio sacrificando o noso territorio.

Desenvólvense nunha zona xa saturada e que xa contribúe sobradamente á loita contra o cambio climático [hai máis de 250 aeroxeradores instalados na zona, incluindo os do Cando e Candán en Rede Natura].

Pola acumulación, as dimensións e a ubicación nos arredores dos núcleos teñen un impacto crítico no medio natural, no patrimonio cultural, nos recursos hídricos, na paisaxe, no valor das terras, nas actividades propias do territorio e na saúde das persoas.

No caso do proxecto Campo das Rosas, con 6 aeroxeradores e 27,6MW, incide negativamente no hábitat dos cabalos salvaxes e na rota de baixada das bestas, e polo tanto nunha festa declarada de interese turístico internacional como é a Rapa das Bestas de Sabucedo. Todo isto co informe favorábel da Axencia de Turismo de Galiza.

A declaración de impacto ambiental favorábel é absolutamente arbitraria e está chea de irregularidades.

Estamos diante dunha fragmentación de libro, coa tramitación por separado de dous proxectos da mesma empresa, que comparten subestación e liña de evacuación.

Diante da complicidade da Xunta e do PP na autorización destes proxectos, emprenderemos todas as medidas ao noso alcance para evitar que se leve acabo este ataque ao rural, ao medio e ás persoas.