Ernesto Filgueira insta ao goberno local a elaborar un plan de restauración para poñer en valor a Área Recreativa da Soldada, Vilanova de Tenorio

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

O grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade ven de facer unha prospección das diferentes áreas de recreo localizadas ao longo do termo municipal. Porén algunhas delas presentan unha situación de abandono que esixe unha rápida actuación por parte do Goberno local. Así pois, unha das áreas nas que axexa o abandono é a Soldada e súa contorna polo que dende o BNG instamos a por en marcha un plan de melloras consistentes no adecentamento e limpeza, a retirada dos restos vexeteis das podas arbóreas, o mantemento da pérgola e sobor de todo, a reposición do peche de madeira para garantir a seguridade d@s usuari@s tendo en conta que trala línea da cerca atópase o barranco que cerne sobre o río Almofrei.

O BNG, habida conta de que se trata dun espazo que urxe acondicionar, insta ao goberno local a:

Elaborar un plan urxente de melloras que poña en valor a área recreativa da Soldada e garantice a seguridade das persoas usuarias.

Quedo á espera de pronta resposta.