Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a reverter urxentemente o derrubamento do tallamar da Ponte de Pedre 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A Ponte medieval de Pedrea é unhas construcións de maior relevancia e interese da bisbarra datada no s.XIV. Encárgase de unir as beiras do Lérez ao seu paso polas terras de Pedre-Serrapio. Conta cunha lonxitude de 67m de longo, rasante apuntada e tres arcos oxivais de diferentes anchos. Malia e todo, sendo unha estructura de tanto interese conta cun derrubamento no tallamar dereito, pegado ao arco principal, na contra-parte se temos como referencia o descorrer das augas do Lérez.

Ademáis, conta con fendas en diversas partes da estructura como consecuencia do desprazamento dos seus sillares que cómpre valorar e actuar en consecuencia con arreglo ao suxerido por Patrimonio.

PREGUNTAS

¿É o goberno local coñecedor da situación da Ponte de Pedre?

¿Ten tomadas xa medidas para solucionar o derrube do tallamar?

Ten o sr Alcalde a intención de levar a cabo unha actuación de rehabilitación integral para evitar que continúe o proceso de deterioro do conxunto da ponte?

Quedo á espera de prontas respostas.