Ernesto Filgueira leva a Pleno o motivo polo que o goberno non ten en funcionamento os Baños do San Xusto após de dous anos das obras inauguradas

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Cómpre lembrar que o BNG apoiou, sen fisuras o proxecto dos Baños do San Xusto, proxecto que se enmarca dentro do Pacto pola Paisaxe e que dende o comezo das obras da contorna e das instalacións aló polo 2020 o complexo non acaba de emprender a actividade termal pola cal se fixo a inversión. E dende o 2020 atopámonos unha popular inauguración a cargo do Presidente da Xunta en (abril de 2021), titulares en prensa do sr Alcalde como “los baños do San Xusto catapultarán el turismo (faro de vigo, 30-10-22) … pero a realidade é outra, o complexo termal continúa sen estar en funcionamento e mesmo presentando os síntomas propios do paso do tempo en forma de deterioro tanto nas instalacións como na contorna polo que esixe unha pronta posta en funcionamento.

Cal é a razón pola cal continúan as instalacións pechadas?

Cal é o plazo que estima o goberno local para a súa apertura?

Quedamos á espera de que sexa unha realidade.