Ernesto Filgueira pregunta pola tardanza na instalación da Fibra Óptica no conxunto das parroquias do concello

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta: 

A instalación da fibra óptica leva meses instalándose polas parroquias do concello a unha velocidade non a suficientemente áxil como para dotar de servizo de internet de alta velocidade tanto a particulares como ás pequenas empresas e autónomos do concello que lles permitan ser máis competitivos no aspectro económico, máxime nas circunstancias actuais. 

-Teñen o coxunto das parroquias a fibra óptica instalada?
-Se non é así, qué parroquias faltan?
-A qué se debe que haxa lugares dalgunhas parroquias sen o servizo?
-Para cándo ten o goberno previsto dotar ao 100% do territorio municipal de fibra óptica? 

Quedamos á espera de prontas respostas.