Ernesto Filgueira preocupado pola opacidade do proxecto previsto para o entorno das piscinas de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

Hai unhas semanas saíu publicado nos medios de comunicación unha actuación prevsita para os terreos próximos á área fluvial e de recreo de Cerdedo. 

Rogo ao Alcalde que explique (mesmo nunha Xunta de Portavoces municipais) o total do proxecto previsto así como das posíbeis afectacións que puidan darse sobre o entorno natural do lugar. Así pois, rogo tamén que dita actuación sexa executada dende o máximo dos respectos polo medio e cause a menor alteración posíbel, primando o entorno sobre a inversión.

Quedamos á espera de prontas respostas.