Carta resposta ao Alcalde referente á nosa posicion frente ao "Rexeitamento da instalación do Parque Eólico dos Cotos"

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Carta enviada polo Alcalde Jorge Cubela

Resposta de Ernesto Filgueira:

Benquerido Jorge, alcalde noso do concello de Cerdedo-Cotobade.

Despois de ler atentamente a carta que me envías, debo expresarche, para a miña sorpresa, que non dou entendido que é o que realmente che molesta a respeito dos puntos que forman parte da moción rexistrada co título “Rexeitamento da instalación do Parque Eólico dos Cotos”.

Trátase dunha iniciativa tras a que hai un traballo serio, comprometido, dialogado e acorde ao sentir da veciñanza, entidades sociais e mesmo o que ti xa tes expresado en público (serva como exemplo o teu compromiso adquirido na xuntanza veciñal celebrada no pavillón de Carballedo o pasado 27 de Xuño). Por iso entendo que compre elevar ao órgano de máxima representatividade municipal, o Pleno da Corporación, a nosa (túa e miña) rme oposición e rexeitamento á construción do parque eólico dos Cotos, recadar todo o contido do proxecto orixinal da exposición pública no antigo concello de Cotobade no 2013 -no que ti xa eras alcalde- promovido pola empresa Tiraventos SL, instar á Xunta de Galiza a que informe do número e dimensión dos aeroxeradores, potencia, dimensión da poligonal e outros datos técnicos; e acadar o voto favorábel de toda a corporación, o cializando a decisión de que sexa o Concello quén custee os gastos da asistencia xurídica necesaria para impedir a execución deste proxecto. Polo que, na coincidencia absoluta da túa diagnose e no exercicio pleno das miñas funcións, debemos afondar na unidade de acción dos grupos políticos da actual corporación municipal.

Malia todo, prégoche que reconsideres o termo “COMISIÓN DE SEGUEMENTO” que gostas de utilizar, pois, máis alá das xuntanzas públicas participadas pola veciñanza, representantes de entidades sociais, membros dos grupos políticos e da túa propia persoa en calidade de alcalde (lembra o acto informativo xunto ás comunidades de montes do 18 de abril, ao que eu non fun convidado, e que, apesar diso,nunca cuestionei a unidade de acción que debemos ter todos e todas). De todos os xeitos quero dicirche que o termo “Comisión de seguemento” non se axusta á realidade vivida, posto que, ditos actos públicos non responden a ningún órgano colexiado sometido ao amparo e control dos servizos técnicos municipais.

Alcalde, asisto con sorpresa á lectura da túa misiva dunha serie de palabras que teñen unha sonoridade que atenta contra os principios de liberdade persoal e diversidade ideolóxica da miña persoa, pois, a acción política rigurosa e respectuosa que veño desenvolvendo dende que a veciñanza decidíu sentarme na corporación municipal nada ten que ver con “sectarismos” ou “comportamentos fraccionarios”, tal e como o veño exempli cando con feitos constatábeis ao longo do presente mandato. Por ende, síntome na obriga de lembrarche que, como representante eleito polo BNG, traballo por e para a veciñanza de Cerdedo-Cotobade empregando para iso as canles municipais establecidas e axustadas a dereito aplicando en cada momento o principio de liberdade de acción e iniciativa persoal. Así pois, agradézoche a tutela política que me propós mais, moi amábelmente, declino aceptala.

Finalmente, solicítoche encarecidamente que evidencies “o meu comportamento fraccionario” e “actúes en consecuencia” xa que NON CONSIDERO A TÚA PETICIÓN de retirar a moción rexistrada contra o proxecto dos Cotos. Debes entender que o BNG nin esconde nin oculta o seu rme desexo de traballar a carón da veciñanza contra un proxecto que atenta contra as súas parroquias, o seu futuro no rural e o seu dereito de viver tranquilos e en armonía co seu entorno.

Sen máis, e cos mellores dos desexos, saúdache

Ernesto Filgueira
Portavoz Municipal do BNG de Cerdedo-Cotobade.