Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a acondicionar o acceso dunha vivenda da Revolta, Cerdedo 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

 

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Segundo a demanda veciñal unha casa unifamiliar non conta con accesos dignos. A propiedade ubícase no lugar da Revolta, Cerdedo, número 18 rodeada de Carballeira e monte e en pendente. Así pois, a veciñanza afectada reclama a mellora do acceso levando a cabo o acondicionamento do camiño con materiais naturais que facilite a comunicación entre a casa e a estrada do lugar da Revolta.

-É coñecedor o goberno local de que esta propiedade unifamiliar non conta cuns accesos óptimos?
-Comprométese o goberno local a resolver esta situación no menor tempo que lle sexa posíbel?

Quedamos á espera de prontas respostas.