Ernesto Filguiera leva a Pleno o motivo polo que o goberno segue sen organizar a Feira de Cuspedriños

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Pasadas as datas habituais de celebración da tradicional feira de Cuspedriños que en 2019 alcanzou a edición número XIII, suprimida en 2020 e 2021 como consecuencia da pandemia, aínda non foi celebrada no presente ano 2022. Un evento do que se da conta tanto na web municipal coma, por exemplo, nos portais de Turismo de Galicia ou Turismo Rías Baixas, entre outros. Polo tanto, tendo en conta que viña sendo un evento referente de Cerdedo-Cotobade, pregunto:

-Por qué este ano a Feira de Cuspedriños non foi organizada polo concello?

-Pretende o goberno local suprimila da programación anual a pesares de terse convertido nun referente cultural e turístico para o concello e a bisbarra?

-Ten algo que ver que fose unha iniciativa creada polo BNG para anular, se for o caso, a súa celebración?

-Ten o goberno local pensado celebrala ao longo de 2022?

Quedamos á espera de prontas respostas.