Moción referida ao "PLAN DE INVESTIMENTOS MELLORAS NA PARROQUIA DE VIASCÓN"

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

Para o BNG é vital incrementar significativamente os investimentos na parroquia de Viascón, xa que leva anos vendo como as vías principais e secundarias de comunicación sofren un constante deterioro e de igual maneira os espazos de encontro e esparcemento veciñal. 

O BNG reclámalle ao goberno municipal que mire para Viascón, abandone a súa actitude esquiva coa veciñanza e active urxentemente unha axenda de investimentos na parroquia que faga saír do esquecemento e leve á parroquia até o século XXI, equiparándoa con outras parroquias do concello. 

O BNG leva presentado unha importante batería de medidas de índole xeral a fin de presionar ao goberno municipal a que execute melloras en diversos ámbitos que se ben, son necesarias no conxunto do concello, o BNG as reclama tamén para Viascón, como son completar a substitución das luminarias por iluminación led, garantir a chegada da fibra óptica a todos os lugares, eliminar a simboloxía franquista dos bens públicos, crear illas de recollida selectiva do lixo e reparto de composteiros individuais; completar a rede de saneamento, renovar a actual e sustituir as decantadoras e dinamizar culturalmente as parroquias con actividades para todos os públicos.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar á Deputación Provincial a humanizar a estrada EP-0404 (Viascón-Carballedo) para que execute un proxecto de mellora coa dotación de beirarrúas, mobiliario urbano, iluminación led, canalización de pluviais, pasos de peóns e calmado de tráfico. 
  2. Humanizar os treitos da antiga nacional (Comercial Gardiz e o Valiño como referencias).

3.   Mellora integral das vías interiores dos lugares de Viascón. Trátase de vías moi deterioradas, con malos accesos que non garanten a seguridade nin do tráfico rodado nin peonil. 

4.   Instar ao goberno local a crear 2 núcleos de centralidade veciñal. A parroquia precisa de espazos con identidade propia para desenvolver a vida social, cultural e esparcemento. Neste sentido propoñemos:

  • Empedrado e humanización da praza de Cabanelas e as vías de acceso coas respectivas melloras no saneamento, pluviais, iluminación led, mobiliario, ... 
  • Acondicionamento da contorna da Casa do Pobo e a construcción de Pistas Polideportivas. Humanizar todo o espazo a carón do edificio parroquial, empedralo e humanizalo así como ordear e calmar o tráfico ademáis de darlle unha oportunidade ao deporte coa construción de pistas deportivas.

5. Reforma Integral da contorna das piscinas de Cabanelas. As piscinas requiren melloras estructurais, un espazo paisaxístico con especies autóctonas, un moderno parque infantil e unha área de recreo co seu mobiliario urbano.

6. Reforma Integral da contorna das piscinas de Cabanelas: melloras estructurais, un espazo paisaxístico con especies autóctonas, un moderno parque infantil e unha área de recreo co seu mobiliario urbano.