O BNG leva ao pleno de xullo acometer melloras para sacar á parroquia de Viascón do esquecemento 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

No pleno municipal que terá lugar mañán, 28 de xullo, o BNG levará unha moción de urxencia con propostas urxentes e necesarias para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Viascón, e equiparar a parroquia con outras do concello. 

“A día de hoxe -indicou Filgueira- son moitos os problemas da parroquia, entre os que destacan o mal estado das vías principais e secundarias. e a ausencia de espazos de centralidade que servan de espazo de encontro da vida da parroquia”. 

No pleno, o BNG defenderá as seguintes propostas: 

1. Humanización da estrada EP-0404 (Viascón-Carballedo) e dos treitos da antiga nacional (Comercial Gardiz e o Valiño). Xestionar coa administración provincial un proxecto de mellora coa dotación de beirarrúas, mobiliario urbano, iluminación led, canalización de pluviais, pasos de peóns e calmado de tráfico. 

2. Mellora integral das vías interiores dos lugares de Viascón. Trátase de vías moi deterioradas, con malos accesos que non garanten a seguridade nin do tráfico rodado nin do peonil. 

3. Construción de 2 núcleos de centralidade veciñal. A parroquia precisa de espazos con identidade propia para desenvolver a vida social, cultural e esparcemento. Neste sentido propoñemos: 

  • Empedrado e humanización da praza de Cabanelas e as vías de acceso coas respectivas melloras no saneamento, pluviais, iluminación led, mobiliario, ...
  • Acondicionamento da contorna da Casa do Pobo e a construcción de Pistas Polideportivas. Humanizar todo o espazo a carón do edificio parroquial, empedralo e humanizalo así como ordear e calmar o tráfico ademáis de darlle unha oportunidade ao deporte coa construción de pistas deportivas.
    4. Reforma Integral da contorna das piscinas de Cabanelas. As piscinas requiren melloras estructurais, un espazo paisaxístico con especies autóctonas, un moderno parque infantil e unha área de recreo co seu mobiliario urbano.

5. Xestionar a chegadada fibra óptica a todos os lugares da parroquia.

6. Substitución das actuais luminarias por luces leds, máis eficientes e de menor consumo.

7. Completar a rede de saneamento, renovar a existente e substituir as decantadoras actuais. 

8. Mellora da recollida selectiva dos residuos e distribución de composteiros individuais entre a veciñanza.