O BNG leva ao pleno de Cerdedo-Cotobade os problemas da sanidade pública no concello 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O Portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, anunciou que o BNG levará ao pleno de xullo unha moción en defensa da sanidade pública de Cerdedo-Cotobade. 

Filgueira lembra que na actualidade o centro de saúde de Cerdedo non conta con médico nin pediatra. Esta situación xa foi obxecto de iniciativas parlamentarias do BNG. “O BNG de Cerdedo-Cotobade estivemos tanto no Parlamento (asistindo á sesión plenaria na que se tratou unha PNL do BNG sobre a sanidade pública), como na importante mobilización social que tivo lugar onte diante do centro de saúde de Cerdedo”, afirmou Filgueira. 

Na iniciativa propoñemos para o centro de saúde de Cerdedo as seguintes medidas: 

- Atención sanitaria presencial.
- Médico/a todos os días e con dedicación exclusiva. - Servizo de pediatría.
- Mellora na atención de urxencias. 

No centro de saúde de Carballedo precísase reforzar o servizo de enfermería, xa que coa atención no propio centro e atención domiciliaria, o persoal existente está totalmente “desbordado”, e no de Tenorio compre cubrir as baixas, permisos e vacacións, e reforzar o servizo de pediatría.