Filgueira insiste que o PP debe cumplir co aprobado en Pleno e retirar a simboloxía franquista dos bens públicos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A finais de Xaneiro de 2020 foi debatida en pleno a proposta do BNG a “moción: cumplimento da lei da memoria histórica” na que instábamos a eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura. Esta proposta foi rexeitada pola equipa de goberno escudándose en que non contaban de fondos para dita actuación. A finais de novembro de 2021 unha segunda moción levada a pleno resultou aprobada. Así pois, a Deputación fixo públicas liñas de axudas para a eliminación de simboloxía franquista dos espazos públicos e camiñar cara a normalidade democrática.

-Ten o goberno a intención de dar cumplimento á Lei de Memoria Histórica e cumprir co aprobado en pleno o pasado novembro do ano 21?
-Ten o goberno local solicitadas as axudas da Deputación para este fin?

-Quere o goberno facer de Cerdedo-Cotobade un concello cuios valores democráticos dignifiquen a memoria das vítimas da ditadura?

Quedamos á espera de prontas respostas.