Ernesto Filgueira insta ao goberno a repoñer as duchas deterioradas das Piscinas de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

Varias queixas de usuarios das piscinas públicas de Cerdedo déronnos conta da mala situación que presentan as duchas das instalacións de recreo, pregunto:

-Ten coñecemento o goberno local de que as duchas das piscinas de Cerdedo non están funcionando e están desmontadas?

Se o ten, cando van ser repostas?

-Se non ten coñecemento da incidencia rogo a rápida reposición das duchas.

Quedamos á espera de prontas respostas.