O BNG mostra preocupación polas desacertadas intervencións feitas nas Piscinas de Viascón

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O concello acaba de facer unha intervención nas piscinas de Viascón. Colocando unha varanda no acceso de entrada. A carón da piscina pequena foi excavado o terraplén, foi creando un baixo muro de contención e foi recheo con area. Ademáis, foi aberta a fonte de pedra. Pregunto:

-As accións descritas forman parte dun proxecto integral para o conxunto das piscinas e da súa contorna ou, pola contra, foi unha intervención puntual?

-De existires un proxecto integral, cales son obxectivos que o definen e cal é o seu orzamento?

Quedamos á espera de prontas respostas.