Liña de axudas para o tecido cultural e folclórico de CERDEDO-COTOBADE

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira demanda una liña de axudas directas para o tecido cultural e folclórico de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “Debido á preocupante situación actual é máis urxente ca nunca ofrecer soporte ao tecido asociativo municipal para garantizar a continuidade da súa actividade formativa, divulgativa e social”.

O portavoz local dos nacionalistas, Ernesto Filgueira, ven de presentar unha moción no portelo municipal co obxectivo de prestar atención á situación de debilidade estructural á que se enfrenta o colectivo cultural e folclórico de Cerdedo-Cotobade diante das escasas actuacións que desenvolveron durante a tempada estival por mor da suspensión casi ao completo de tódolos eventos festivos que cada ano esixen a contratación de grupos de música e baile tradicional. A consecuencia directa é a escasa recaudación económica nos petos das asociacións coa que, habitualmente, fan frente aos custos derivados da formación e mantemento das actividades anuais e concretas que desenvolve cada asociación e permite manter unha dinámica cultural potente na realidade social de Cerdedo e de Cotobade. O BNG, liderado por Ernesto Filgueira, entende que son estas asociacións o verdadeiro eixo que manteñen a engranaxe cultural municipal, xa que a suma de actividades, accións é alumnos constitúen o motor dinamizador ao que a administración local debe prestar especial atención e coidado. 
Ademáis do problema económico existe outro de carácter histórico: os espazos onde desenvolver o conxunto da actividade cultural. Así pois, mentras algunhas ascociacións dispoñen de espazos públicos outras levan décadas utilizando as instalacións exteriores de colexios e institutos polo que, diante da pandemia actual, existe o temor de que a Consellería de Educación decida non prestar ditas instalacións escudándose no Covid19. 
Polo tanto, a moción que defenderá Ernesto Filgueira no vindeiro Pleno municipal, a fin de acadar o apoio unánime dos grupos da corporación, conta cos seguinte puntos:

  • Aprobar con carácter de urxenza unha liña de axudas económicas que contribúan a manter todas e cada unha das actividades formativas e artísticas das diversas asociacións culturais e folclóricas de Cerdedo-Cotobade.
  • Limpeza e desinfección dos espazos municipais garantida polo goberno local e dotar do material preciso que garanta a separación d@s alumn@s para crear “espazos seguros” onde a cultura formativa e social se leve a cabo dentro dos parámetros sanitarios actuais.
  • Xestión de acordos coa Consellería de Educación da Xunta de Galiza a fin de garantir o uso -como é habitual- das instalacións exteriores dos colexios e instituto públicos con cadan seu protocolo sanitario de distanciamento persoal e limpeza garantido polo goberno local co obxecto de que as actividades continúen de xeito seguro e pervivan fronte a actual pandemia.

Ernesto Filgueira: “Desexo arrincar do PP un compromiso claro de apoio á cultura e ao folclore municipal con axudas directas ás asociacións”