Moción referida á "DEFENSA DA SAÚDE PÚBLICA EN CERDEDO-COTOBADE”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

A atención sanitaria no centros de saúde de Tenorio, Carballedo e Cerdedo vén sufrindo nos últimos tempos un continuo proceso de deterioro, precarización e supresión de servizos. Debido a que non se cobren as baixas dos títulares médicos, os servizos de enfermeiría estás sobrepasados e falta profesional pediátrico.

En contra dos discursos oficiais de promoción dos investimentos e servizos no rural, a realidade é que se reducen continuamente as prestacións en xeral e nun servizo fundamental como é o da saúde. Con este proceder do goberno da Xunta, vivir no rural estase a converter nunha cuestión de vontade decidida e de heroismo, o que explica os procesos de abandono e despoboación que caracterizan a moitos concellos do interior do noso país. 

Esta situación de deterioro e de supresión de servizos básicos foi reiteradamente denunciada pola veciñanza mesmo con recollida de sinaturas ao longo de todo o verán, sen que por parte da Xunta se adoptasen as medidas necesarias para corrixila. O pasado mes de febreiro un grupo de veciñas e veciños organizaron organizaron unha concentración diante do centro de saúde de Cerdedo como mostra de protesta. O pasado día 14 de xullo, de novo voltáronse manifestar pola lamentábel situación na que o SERGAS mantén este centro de saúde  e da mesma maneira nos outros dous centros de saúde existentes no concello.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

1. Solicitar á Xunta de Galiza que incremente o orzamento sanitario e para que garanta que todos os fondos do estado destinados á sanidade se destinen efectivamente a sanidade pública galega.

2. Instar ao SERGAS a dotar dunha atención sanitaria digna a veciñanza de Cerdedo-Cotobade mediante a cobertura permanente do persoal dos centros de saúde e a súa substitución en caso de permisos, baixas e vacacións.

3. Instar á Xunta de Galiza a resolver as deficiencias de enfermeiría no centro de saúde de Carballedo e dotar de servizo pediátrico os centros de saúde de Tenorio, Carballedo e Cerdedo.

4. Trasladar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza un acordo no que se especifiquen os seguintes puntos: o malestar do conxunto da corporación municipal diante da nefasta xestión do SERGAS dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza e unha condena expresa polo estado de deixadez no que se atopan os centros de saúde de Cerdedo-Cotobade.